Novas

portatil con wifi

Estimadas familias:

A Consellería pon a disposición das familias con recursos limitados deste Instituto, 3 ordenadores portátiles cunha conexión gratuíta á rede, para facilitarlle a este alumnado o seguimento da actividade educativa.

Os criterios para o reparto deberán ter en conta a situación socioeconómica da familia, e as posibilidades de aproveitamento do alumno ou da alumna, con prioridade ao alumnado dos cursos de final de etapa que titulen (4º da ESO, 2º de BACH e 2º de FP) e a aquelas familias que non dispoñan nos seu fogares de ordenador nin de conexión a internet.

É por iso polo que nos diriximos a vostedes para que, se así o consideran, fagan a solicitude deste equipamento, enviando un correo electrónico á dirección de correo do centro: ies.concepcion.arenal@edu.xunta.gal, indicando no asunto “SOLICITUDE ORDENADOR”.

O prazo remata o próximo día 11 de abril.

Daremos resposta á súa solicitude tan pronto como sexa posible.

Un saúdo,

Faustino Seco, director IES Concepción Arenal.