Novas

Notas

Entrega de cualificacións (enlace ao PDF)

Procedemento e prazos de reclamación (enlace ao PDF)

Normativa

  • Circular 2_2020 Procedemento de reclamación 2Bac (enlace ao PDF)
  • Orde 22 de abril 2010. Procedemento de reclamación 2Bac (enlace ao PDF)

RÉXIME ORDINARIO

O venres 5 de xuño publicaranse por Abalar, ás 16:00 h, as cualificacións de 2º de bacharelato do réxime ordinario.

O alumnado que por ser maior de 18 anos, ou por outra circunstancia, non poda acceder ao ABALAR, poderá solicitar un boletín en formato PDF, enviando unha petición á conta de correo do instituto ies.concepcion.arenal@edu.xunta.gal, indicando no asunto “PETICIÓN DE BOLETÍN”. Dita petición deberá ir acompañada dunha fotografía do DNI que acredite a identidade do solicitante. Na conta de correo do remitente, recibirá un arquivo co boletín, o mais axiña posible.

O luns 8 de xuño, o alumnado que o necesite recibirá unha copia en papel do boletín de notas.

A entrega a fará o titor ou titora do grupo, na súa aula. Para evitar aglomeracións, establecese o seguinte horario de entrega de boletíns en papel.

Curso

2 Bac A

2 Bac B

2 Bac C

2 Bac D

2 Bac E

2 Bac F

2 Bac G

Horario

09:30 h

09:45 h

10:00 h

10:15 h

10:30 h

10:45 h

11:00 h

RÉXIME DE ADULTOS

O venres 5 de xuño, ás 19 h, na Xefatura de estudos do Centro, procederase á entrega dos boletíns de cualificacións de 2º de bacharelato de adultos.

Deixa un Comentario

Your email address will not be published.