
15
Xuñ
Fondo solidario de axuda para adquirir libros e material escolar
O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe 19 de maio, a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/2021.
O prazo de presentación de solicitudes comeza o 20 de maio e rematará o 19 de xuño de 2020 incluído.
Pode acceder ao formulario telemático no seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.es/fondolibros/