Novas

Datas inicio

O inicio do curso 2020-21, na educación secundaria obrigatoria, no bacharelato e na formación profesional, realizarase de forma presencial, no noso Centro, os días:
16 de setembro de 2020:
1 ESO, 2 ESO, 1Bacharelato, 1 FP Ciclo medio e 1 FP Ciclo superior
17 de setembro de 2020:

3 ESO, 2 Bacharelato, 2 FP Ciclo medio
18 de setembro de 2020:

4 ESO

Ver Resolución do 1 de setembro de 2020 sobre o inicio de curso da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

De momento, as autoridades educativas de Galicia publicaron, o 30 de xullo de 2020, unhas instruccións referentes ás medidas educativas e de seguridade a adoptar polos centros docentes de Galicia. Ver instruccións do 30 de xullo de 2020.

As instruccións anteriores foron complementadas o 31 de agosto de 2020. Ver as actualizacións das recomendacións sanitarias e outra medidas

O equipo directivo do IES Concepción Arenal está desenvolvendo estas instruccións para adaptalas á realidade do Centro.

Entre as medidas mais significativas figuran as seguintes:

  • Medidas xerais de protección individual no Centro
    • Regulación do uso de máscaras hixiénicas, protocolos e material de desinfección do alumnado,…
  • Xestión dos abrochos
    • Creación no Centro dun equipo COVID formado por membros da dirección e do profesorado, encargado da xestión dos abrochos.
    • Medidas a tomar cando se sospeite ou detecte un caso de COVID19. Procedemento de comunicación coas familias, persoal sanitario e autoridades educativas.
  • Medidas de limpeza.
    • Estamos a establecer protocolos e quendas de limpeza de aulas, e, sobre todo, daqueles espazos de uso compartido que precisan de maior desinfección, como poden ser aseos, aulas de informática, de desdobres, laboratorios, talleres, biblioteca, etc.
  • Medidas de organización do Centro.
    • División do Centro por seccións para minimizar o contacto entre o alumnado de 1º ciclo de ESO, 2º ciclo de ESO, Bacharelato e Ciclos formativos. Cada nivel terá as aulas nunha zona determinada e unha ruta de acceso exclusiva, na medida do posible.
    • Establecemento de quendas de entrada, saída e recreos. O alumnado de cada nivel terá unha porta de acceso exclusiva (rúa Compostela, rúa Cervantes ou rúa Cuntis) e uns corredores e escaleiras de uso exclusivo. Nos recreos, o acceso ao patio exterior e corredores estará separado por ciclos e etapas educativas. Estableceránse quendas para, na medida do posible, diminuír o contacto entre alumnado de distintos niveis educativos.
    • Uso preferente de instalacións. Tamén, na medida do posible, estableceranse aseos de uso preferente, zonas de biblioteca, etc., separados por niveis.
  • Medidas en relación coa comunicación coas familias
    • Estableceremos titorías telefónicas con cita previa, ou por correo electrónico para facilitar a comunicación segura coas familias. Utilizaremos o Abalar móbil como medio rápido de avisos importantes a nivel xeral, ou para comunicacións individuais.
  • Medidas de mellora dixital e previsión de educación semipresencial ou non presencial
    • Melloramos a aula virtual do Centro agrupando as materias por cursos, de xeito que, entrando no nivel correspondente, por exemplo 1 ESO, o alumnado deste nivel poda ver os cursos de todas as materias do seu grupo. Así mesmo creáronse cursos virtuais para todas as materias existentes na ESO, Bacharelato e Ciclos formativos. Moitos deles xa teñen contidos dos cursos anteriores e outros actualizaranse durante o curso.
    • Estase a crear unha conta de correo electrónico por defecto para todo o alumnado do Centro. O obxectivo e facilitar a comunicación entre eles e o seu profesorado. Así, cada alumno e cada alumna, así como e seu profesorado terá unha conta de correo que será probablemente: nome_apelido@ies.concepcionarenal.es (esta denominación está todavía en estudo e pode variar). Para o uso desta conta por parte do alumnado, pedirase o consentimento aos seus proxenitores ou resposables legais, ao principio do curso.
    • Así mesmo, a principio de curso, solicitaremos información as familias sobre os problemas de conexión a internet ou falta de material informático, para comunicalo ás autoridades da Xunta de Galicia.

Toda a información detallada publicarase na páxina web do Centro, días antes do inicio do curso.

Deixa un Comentario

Your email address will not be published.