Novas

inicio curso

PRESENTACIÓNS CURSO 2020-2021

Aprazamento do comezo de curso

A grande cantidade de información que se está a orixinar nos medios sobre o retraso do inicio de curso está a crear moita confusión en toda a comunidade educativa. O Equipo Directivo traballou para unha volta ás aulas con garantías de seguridade para o alumnado e o profesorado. Non vimos oportuno alterar a distribución horaria e establecer unha quenda de tarde para Bacharelato e Ciclos, porque non permitiría ao alumnado seguir desenvolvendo actividades formativas extraescolares, impediría o transporte e, por tanto, os estudos de boa parte do alumnado que vén doutras localidades e acabaría por prexudicar gravemente ás familias. Non hai que esquecer que temos a opción do Bacharelato artístico, que conta con matriculados das comarcas do Eume, Ferrolterra e Ortegal.

Inicialmente, o Equipo Directivo optou por establecer desdobres (5 unidades máis) para manter unha cantidade de alumnos por aula que non superase os 30 en todos os grupos de Bacharelato e que non se colmase nos 30 en 2º, 3º e 4º de ESO. Co obxecto de garantir a distancia de seguridade, habilitamos como aulas para estes grupos espazos que tradicionalmente se dedicaban a outras funcións, tamén moi necesarias (Aula de Ciclos, Aula de Plástica, Aula de Música, Salón de Actos…). Temos o grave problema da limitación de espazo que teñen 10 aulas do Instituto que apenas sobrepasan os 40 metros cadrados e non poderían acoller a máis de 25 alumnos/as.

A día de hoxe (14 de setembro) estamos á espera, ao igual que outros Centros, de que a Consellería asuma que ten que dotar o IES Concepción Arenal do profesorado necesario para poder establecer estes desdobres. Se isto se tomase en consideración ao seu debido tempo, non era necesario adiar ao 23 o inicio de curso. Insistimos, é a mellor garantía para unha docencia de calidade e para unha volta ás aulas máis segura.

Normas xerais para as presentacións:

-Cada titor/a agardará polo seu grupo na zona do vestíbulo e conducirá ao alumnado á aula correspondente.

-Procurarase que circulen e entren na aula ordenadamente, adoptando as medidas de hixiene en vigor no Centro (no vestíbulo e á entrada da aula existen dispositvos de xel hidroalcohólico). Manteranse as fiestras abertas.

-A presentación inclúe a proxección ou colocación do horario semanal do grupo na pizarra por parte de cada titor/a. Farase tamén a lectura e aclaración de dúbidas sobre as medidas mínimas de seguridade para o comezo de curso.

-Non haberá clase o mesmo día ao rematar a presentación (si ao día seguinte). Velarase por unha saída ordenada da aula.

PRESENTACIÓNS ESO, FP e BACH.

CURSO 2020-2021

Mércores, 23 de setembro

-1º ESO A (10.15h). Segundo andar.

-1º ESO B (10.30h). Segundo andar.

-1º ESO C (10.45h). Segundo andar.

-1º CM de FP (10.30h)

-1º CS de FP (10.45h)

Mércores 23 de setembro (2º de ESO):

-2º ESO A (11.00h)

-2º ESO B (11.15h)

-2º ESO C (11.30h)

-2º ESO D (11.45h)

Mércores 23 de setembro (1º de Bacharelato):

-1º de Bacharelato A (12.00h)

-1º de Bacharelato B (12.10h)

-1º de Bacharelato C (12.20h)

-1º de Bacharelato D (12.30h)

-1º de Bacharelato E (12.40h)

-1º de Bacharelato F (12.50h)

-1º de Bacharelato G (13.00h)

-1º de Bacharelato H (13.10h)

Xoves 24 de setembro (3º de ESO):

-3º ESO A (16.00h)

-3º ESO B (16.15h)

-3º ESO C (16.30h)

-3º ESO D (16.45h)

Xoves 24 de setembro (2º de Bacharelato):

– 2º de CM de FP (17.00h)

-2º de Bacharelato A (17.00h)

-2º de Bacharelato B (17.10h)

-2º de Bacharelato C (17.20h)

-2º de Bacharelato D (17.30h)

-2º de Bacharelato E (17.40h)

-2º de Bacharelato F (17.50h)

-2º de Bacharelato G (17.00h)

-2º de Bacharelato H (18.10h)

Venres 25 de setembro (4º de ESO, Adultos)

-4º ESO A (9:20 h)

-4º ESO B (10:30 h)

-4º ESO C (10:40 h)

-ESA I/II (17.00)

-ESA III/IV (17,15)

-1º de Bacharelato A adultos (17.30)

-1º de Bacharelato B adultos (17.45)

-2º de Bacharelato A adultos (18.00)

-2º de Bacharelato B adultos (18.15)

Deixa un Comentario

Your email address will not be published.