
Información sobre o comezo de curso
Quendas de presentación e listaxes dos grupos
Estimados pais/nais:
Tal e como está anunciado nesta web, as presentacións dos grupos vanse facer gradualmente a partir do mércores 23 de setembro e atendendo ás quendas e ás indicacións establecidas. As listaxes dos grupos que teñen a presentación o primeiro día estarán expostas nos taboleiros do recibidor do Instituto a partir do luns 21 de setembro. As dos demais grupos expoñeranse a partir do día seguinte. Aconséllase entrar pola porta indicada, facendo unha consulta rápida e saíndo canto antes pola outra porta, tratando de evitar en todo caso as aglomeracións innecesarias.
Autorización e Declaración responsable
Nas presentacións os/as titores/as van entregar a cada alumno para levar ás casas dous documentos para cumprimentaren os pais/nais, en caso de conformidade:
-Unha autorización para que o Centro faga un correo corporativo a todo o alumnado.
-Unha declaración responsable de realizar diariamente a autoenquisa do covid.
En caso de conformidade, estes documentos deberán ser asinados e devoltos aos titores/as a máis tardar o 25 de setembro.
Equipo Covid
O Centro conta cun equipo covid que está formado polos seguintes profesores/as:
-Manuel Rei Romeu (Director)
-Raquel Formoso Carreira (Vicedirectora)
-Dolores Vizoso Sanclaudio (Profesora do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía)
Medidas especiais para o comezo de curso
Atendendo ás disposicións da Consellería, que se concretan na ORDE do 16 de setembro pola que se ditan instrucións sobre o comezo de curso … (DOG do 17 de setembro), o Equipo Directivo do IES Concepción Arenal adoptou as seguintes medidas excepcionais para poder garantir a maior separación interpersoal nas aulas:
1º) Retirada de mobiliario que estorbase o espazo para pupitres;
2º) Habilitación funcional para aulas de espazos destinados a outros usos (Usos Múltiples, Aula de Ciclos, Aula de Música e Aula de Plástica);
3º) Realización de catro desdobramentos, dous na etapa de ESO e dous no Bacharelato.4º) Proposta de colocación de elementos de separación e protección individual en laboratorios e case a metade das aulas.
De momento non se contempla a semipresencialidade rotatoria no Bacharelato; no caso dos Ciclos de FP, decidirase no momento de rematar a matrícula.
Actualmente traballamos en dúas frontes: a elaboración dos horarios do profesorado, coa seguridade de que xa temos asignado persoal suficiente para asumir os desdobramentos de grupos; e a posta a punto das aulas e dos espazos comúns do Centro.