Novas

Admision

Información DETALLADA sobre o proceso de admisión do alumnado (Ver PDF)

No enlace anterior, poden consultar a lexislación aplicable ao proceso de admisión do alumnado, así como unha explicación do proceso de solicitude: Datas, lugar de presentación, documentación necesaria e outras informacións de interese.

INFORMACIÓN BÁSICA

A solicitude será única, realizada no modelo anexo II (procedemento ED550B) aprobado pola Orde do 25 de xaneiro de 2017. Poderá cumprimentarse na aplicación admisionalumnado, no enderezo: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado ou descargarse e cumprimentarse de forma manual polas familias.

As solicitudes de admisión poderánse presentar de xeito telemático, a través deste ENLACE da Sede electrónica da Xunta de Galicia (con certificado dixital ou Chave 365), ou nas oficinas do Centro.

Descarga da solicitude (galego):

https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550B-G_2021_2022.pdf

Descarga  da solicitude (castelán):

https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550B-C_2021_2022.pdf

O centro facilitará de forma gratuíta unha copia en papel do formulario ás persoas interesadas que a soliciten.

O prazo de presentación de solicitudes será entre os días 1 e 22 de marzo, ambos inclusive. O prazo de presentación é único. O horario de atención nas oficinas do Centro será de 9:30 a 13:00 horas.

Será necesario concertar cita previa para a entrega da solicitude nas oficinas do centro, no teléfono 881 93 01 70.

Naqueles casos que  precisen xustificar a mobilidade perimetral, poden solicitar un certificado no correo electrónico do Centro: ies.concepcion.arenal@edu.xunta.es

Deixa un Comentario

Your email address will not be published.