Axudas para alumnos con NEAE para o curso 2024-2025
Enviado por Jesus_Maiz o Ven, 26/04/2024 - 13:02Poderán solicitar as axudas os alumnos que non superen unha determinada renda e/o patrimonio familiar e que presenten necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais e que se atopen cursando en centro específico, en unidade de educación especial de centro ordinario ou en centro ordinario que escolarice alumnos que presentan necesidades educativas especiais, algún dos niveis educativos non universitarios. Así mesmo, poderán solicitar as axudas os alumnos con TEA e os alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades.
O prazo de presentación de solicitudes: dende o 30 de abril ao 13 de setembro de 2024.
Calendario reclamacións cualificacións finais segundo bacharelato
Enviado por Jesus_Maiz o Ven, 26/04/2024 - 09:22Instrucións de prazos e procedemento para as reclamacións das cualificacións finais no segundo curso de bacharelato ou da decisión de titulación nesta etapa educativa.
Listaxe de novo alumnado admitido
Enviado por Anónimo o Xov, 25/04/2024 - 10:18Pódese consultar presencialmente no taboeiro da entrada, vía telemática na sede electrónica ou en "Admisión alumnado":
Pendentes ESO 3ª avaliación
Enviado por Anónimo o Lun, 22/04/2024 - 12:19As probas de materias pendentes da ESO comezarán o mércores 22 de maio. Ver calendario en PDF.
Concursos
Enviado por Anónimo o Mér, 17/04/2024 - 13:19Anulación de matrícula
Enviado por Anónimo o Ven, 12/04/2024 - 13:46Bacharelato: o alumnado maior de idade ou titor/a legal poderán solicitar anulación de matrícula ata o 30 abril. Máis información no artigo 3.4 do DOG martes 13 xuño 2023.
Admisión ESO e Bacharelato 2024-25
Enviado por Anónimo o Xov, 21/03/2024 - 18:59
Todas as solicitudes ordinarias de admisión foron admitidas e teñen praza no centro para o curso 2024-25.
Pódese consultar o listado nos tablóns do centro a partir do 25 de abril.
O prazo de presentación das solicitudes ordinarias de admisión será dende o día 1 ao 20 de marzo de 2024, ambos incluídos.
BOLSAS DE ESTUDO MEC 24/25
Enviado por Jesus_Maiz o Mar, 19/03/2024 - 12:07Dende o 19 de marzo ata o 10 de maio abrése o prazo para a convocatoria de becas do MEC 24/25.
No seguinte enlace tedes información o respecto.
Festivo local
Enviado por Jesus_Maiz o Mér, 13/03/2024 - 22:15O vindeiro martes 19 de marzo o centro estará pechado por ser festivo local
Acreditación competencias dixitais alumnado 4ºESO e 2ºBacharelato
Enviado por Jesus_Maiz o Lun, 04/03/2024 - 14:49A acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa 4ºESO e 2º de bacharelato no curso 2023/24 regulouse nas seguintes instrucións Información acreditación
Os alumnos de 4º ESO terán unha proba para obter o nivel intermedio.
Os alumnos de 2º Bacharelato terán unha proba para obter o nivel intermedio (área de dominio 4).
Podedes facer a solicitude de inscrición das probas específicas na secretaría do centro ata o luns 11 de marzo inclusive.
Punto laranxa
Enviado por Anónimo o Xov, 29/02/2024 - 17:32
É un buzón a través do cal o alumnado pode comunicar ou denunciar, desde unha posición totalmente anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran ou perciban en terceiros. No noso centro está instalado no corredor que vai cara ao despacho de Orientación. Tamén pódese empregar o punto laranxa web.
1º premio na Olimpiada de Xeoloxía
Enviado por Jesus_Maiz o Ven, 09/02/2024 - 19:33O Xeoparque do Cabo Ortegal foi elixido pola Asociación Española de Ensinanzas de Ciencias da Terra (AEPECT) como unha das sedes da fase galega da XV Olimpíada de Xeoloxía, xunto con Santiago, Vigo e Montañas do Courel.
Durante a xornada de onte, un total de 49 alumnos acompañados de profesores de 7 centros participaron nas probas que se desenvolveron no IES Cabo Ortegal de Cariño e que consistiron nunha proba teórica tipo test con 40 preguntas e unha proba práctica por equipos a través dunha xincana que se realizou no Cabo Ortegal.
O premio ao mellor equipo foi para o grupo formado por dous alumnos do IES Concepción Arenal Ana Cobelo Parga eAlejandro Mathew López Bouza de 1º de bacharelato e tres alumnos do IES Afonso X O Sabio de Cambre.
A mellor puntuación de entre os participantes foi para o alumno Alejandro Mathew López Bouza de 1º de bacharelato que asistirá a fase final nacional da Olimpiada de Xeoloxía, que este 2024 se celebrará o 13 de Abril en Zamora.
Noraboa Mathew!!
O challenge da túa vida
Enviado por Anónimo o Dom, 28/01/2024 - 20:56
O pasado 25 de xaneiro, o alumnado de 3º da ESO recibiu á Asociación Española Contra o Cancro coa súa proposta “O challenge da túa vida”, unha iniciativa para adoptar hábitos saudables e tomar medidas preventivas que se presentou nun formato de “talk show”.
Trátase dun proxecto que anima a adoptar estilos de vida saudables e tomar medidas preventivas para protexer a nosa saúde.
Dende o IES Concepción Arenal, queremos dar as grazas á Asociación Española Contra o Cancro por visitarnos e compartir esta valiosa iniciativa co noso alumnado. Xuntos, podemos facer a diferenza na loita contra o cancro.
Carta de agradacemento a toda a comunidade do IES Concepción Arenal
Calendario exámenes pendentes 2ª Avaliación
Enviado por Jesus_Maiz o Mér, 10/01/2024 - 14:36Campaña de Nadal "XOGUETES SOLIDARIOS"
Enviado por Anónimo o Mér, 13/12/2023 - 15:16Dende hoxe e ata o próximo xoves 21 de decembro, colaboramos con a Asociación Dignidad recollendo xoguetes para que ningún neno ou nena quede sin sorriso este Nadal!
Podedes deixalos na mesa que hai na entrada do instituto ou preguntar en Conserxería.
MOITAS GRAZAS!
Concurso "GOT TALENT"!!
Enviado por Anónimo o Sáb, 04/11/2023 - 14:10Participa no concurso "GOT TALENT" e brilla no próximo Festival de Nadal!
Se tes talento para cantar, bailar, actuar, recitar poesía, facer maxia ou calquer outra habilidade especial...este concurso é para ti! Queremos descubrir e celebrar o talento diverso que hai no noso Instituto.
ACTIVIDADES CURSO 2023-2024
Enviado por Anónimo o Xov, 19/10/2023 - 14:13Calendario exámenes pendentes 1ª Avaliación
Enviado por Anónimo o Dom, 08/10/2023 - 18:44Curso Capacitación Dixital
Enviado por Anónimo o Xov, 05/10/2023 - 11:45
Aberto o prazo de matrícula para a terceira quenda
Exencións e validacións
Enviado por Anónimo o Lun, 02/10/2023 - 14:02EXENCIÓN DA MATERIA DE LINGUA GALEGA E LIT.
ESO: até o 5 de outubro de 2023
Bach.: o mes de setembro de 2023
VALIDACIÓN POR CURSAR ENSINANZAS PROF. DE MÚSICA E DANZA
Durante o mes de setembro
Reunións asignaturas pendentes 23-24
Enviado por Anónimo o Mér, 20/09/2023 - 19:00Calendario das reunións dos departamentos cos alumnos e alumnas que teñen algunha materia pendente de cursos anteriores para recuperar. Do martes 26 de Setembro ao luns 2 de Outubro.
Calendario escolar 2023-24
Enviado por Anónimo o Mar, 19/09/2023 - 14:33Solicitudes de cambios na matrícula
Enviado por Anónimo o Ven, 15/09/2023 - 01:19Impresos dispoñibles en Conserxería.