
11
Nov
Constitución Consello Escolar
Constituída a Xunta Electoral do IES Concepción Arenal, procedemos a achegarlles información do proceso electoral para a constitución do Consello Escolar do Centro.
Datas relevantes:
- Publicación dos censos electorais e reclamacións aos mesmos do 11 ao 18 de novembro.
- Presentación de candidaturas do 11 ao 18 de novembro na Secretaría do Centro, na que atoparán os impresos para presentalas.
- Publicación das candidaturas o 19 de novembro.
- Sorteo dos membros das mesas electorais o 19 de novembro ás 12:10 horas, na Sala de Xuntas do instituto.
- Votacións: 25 de novembro. Poderán votar pai e nai. O horario será de 17:30 a 20:30.
Prema aquí para obter máis información sobre as competencias do Consello Escolar.