
24
Mar
Listaxes admitidos curso 22-23
Unha vez rematado o prazo de admisión de solicitudes de admisión para o ano académico 2022-2023, comunícase que houbo menos solicitudes que prazas ofertadas, polo que non é necesario presentar outra documentación.
A listaxe provisional sairá antes do 25 de abril, e será publicado nos taboleiros interiores do centro e tamén se poderá consultar a través da sede electrónica da Xunta, con certificado dixital ou chave 365.
Información sobres as listaxes do proceso de admisión. Curso 22-23