Novas

Admision
Están publicadas as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos de ESO e Bacharelato para o curso 2022-23. Pódense consultar nos taboleiros interiores do Centro, e a través da Sede electrónica da Xunta coa Chave 365 ou certificado dixital.
RECLAMACIÓN AOS LISTADOS DEFINITIVOS De acordo coa lexislación vixente, contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de A Coruña no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Ferrol, 12 de maio de 2022.         
O director-presidente do Consello escolar.
Manuel Rei Romeu
ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO E NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS
Rogamos ás familias do alumnado que resulte admitido na listaxe definitiva que na solicitude de admisión marcase afirmativo na casilla de necesidades específicas de apoio educativo ou aquel que non o fixera e esté nesa situación, que pasen pola oficina do centro a recoller un impreso para cumprimentar e a deixar (se así o desexan), en sobre pechado, calquera informe escolar ou doutra índole referido á situación persoal do alumnado para o departamento de Orientación.
Ferrol, 12 de maio de 2022.
A dirección