Novas

Datas matricula

CALENDARIO DE MATRÍCULA PARA O CURSO 22-23

Prégase o seguimento das datas e horario sinalados

HORARIO : DE 9,00 A 13,00 HORAS

2º BACHARELATO: 28 ou 29 de xuño

1º BACHARELATO: 30 xuño, 1 ou 4 de xullo

4º ESO: 5 ou 6 de xullo

3º ESO: 7 ou 8 de xullo

1º e 2º ESO : 11 de xullo

BACHARELATO ADULTOS: a partir do 30 de xuño

CICLOS FORMATIVOS: do 23 de xuño ao 5 de xullo
(alumnado que xa está cursando estas ensinanzas neste centro, que pasa de 1º curso a 2º, ou repetidores por primeira vez de 2º curso)

Nota: o sobre cos documentos para formalizar a matrícula, recolleráse na Conserxaría do centro e algúns poderán descargarse da páxina web.

Opcionalmente, poden descargar algúns dos documentos da matrícula, para traelos xa cubertos, e axilizar o proceso.

  1. Autorizacións varias (ver PDF). Neste documento figuran varias autorización independentes, que deben asinarse por separado.
    1.  Autorización para publicar imaxes do alumnado no ámbito do Centro (blog, revista, web do Centro,…)
    2. Autorización para participar, previo aviso, nas saídas culturais e educativas que realice o Centro, no ámbito do Concello
    3. Información sobre situación de matrimonios separados legalmente (garda e custodia, recollida do alumnado do Centro,…)
  2. Autorización de saídas (ver PDF). Neste documento autorízase ao alumnado de Bacharelato e ciclos formativos, a saír do Centro, a última hora, ou non asistir a primeira hora, no caso de ausencia do profesorado.
  3. Solicitude de participación no STEM Bac (ver PDF). (Inclúe información sobre o mesmo)