Novas

CE

De acordo coa Resolución do 19 de setembro de 2022 da Dirección Xeral de Ordenación  e Innovación Educativa (DOG do 30 de setembro de 2022),  pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos Consellos escolares de centros de educación non universitaria, a Xunta Electoral deste centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE NAIS, PAIS E TITORES/AS LEGAIS, segundo as normas que pode consultar no seguinte documento (ver pdf).

A continuación pódense ver as  datas máis salientables do calendario:

  1. Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os/as titores/as legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na secretaría do centro. As candidaturas poderán ser presentadas ata as 14:00 horas do  18 de novembro.
  2. A campaña electoral comprenderá dende o 22 ao 27 de novembro, ambos días inclusive.
  3. As votacións realizaranse neste IES o martes, día 29 de novembro, de 18:30 a 20:30 horas.

Para máis información consulte o arquivo pdf que se achega no primeiro parágrafo.