
Admisión alumnado curso 2023-2024
O prazo de presentación das solicitudes ordinarias de admisión será dende o día 1 ao 20 de marzo de 2023, ambos incluídos.
PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:
Preferiblemente por vía Electrónica: As persoas solicitantes farano a través da aplicación informática admisionalumnado:
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado
para o que será necesario dispoñer dun certificado de identidade e sinatura dixitalou Chave365. O anexo II-bis, unha vez cuberto, deberán imprimilo, asinalo e achegalo coa solicitude (anexo II) xunto coa outra documentación.
Presencial: Presentarase unha única solicitude en horario de 9,30 a 13.00 horas, na que poderán relacionar até seis centros por orde de preferencia. A dita solicitude pódese descargar de programa de admisionalumnado ou solicitala na conserxaría do centro.
DOCUMENTOS A PRESENTAR XUNTO COA SOLICITUDE
- Documentación acreditativa do requisito de idade do/a alumno/a (copia DNI, libro de familia, ou calquera outro documento que o xustifique).
- Documentación acreditativa de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa (certificado de matrícula expedido polo centro de procedencia ou calquera outro documento que o xustifique).
- Os representantes legais do alumnado deberán indicar se presenta necesidades específicas de apoio educativo (achegando, se fose o caso, a documentación que acredite as circunstancias alegadas).
- A solicitude deberá estar asinada por calquera dos proxenitores, titores ou acolledores. Deberá constar o consentimento expreso da outra persoano anexo de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e o consentimento (anexo II-bis). Nas situacións de violencia de xénero non é necesaria a sinatura da persoa agresora.