ACTUACIÓNS COFINANCIADAS POLO FONDO SOCIAL EUROPEO

A implantación dos novos itinerarios de 3º e 4º curso da Educación Secundaria Obrigatoria foi cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE), no marco do obxectivo temático 10 “Investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e unha aprendizaxe permanente”.

Trátase dunha medida esencial para reducir a taxa de abandono escolar temperá.

A achega do FSE recóllese no eixo 3 do Programa Plurirrexional de Emprego, Formación e Educación do período de programación 2014-2020, xestionado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Encádrase na prioridade 10.1 e no obxectivo 10.1.1: “Reducir o número de alumnos e alumnas que abandonan de forma temperá o sistema educativo que participan na Formación Profesional e nos novos itinerarios da Educación Secundaria Obrigatoria”.

A actuación é a 10.1.1.2: “Anticipación e novos itinerarios en 3º e 4º da ESO.

Con estes fondos fináncianse os gastos de profesorado e os custos indirectos. A taxa de cofinanciamento do FSE é do 80% deses gastos.

ACTUACIÓNS NO IES CONCEPCIÓN ARENAL

Curso 2015-16

O FSE financiou neste curso a implantación de:

  • Tres grupos de matemáticas académicas e un grupo de matemáticas aplicadas de 3 ESO, cun total de 30 alumnos e 33 alumnas beneficiados por este programa.

Curso 2016-17

O FSE financiou neste curso a implantación de :

  • Tres grupos de matemáticas académicas e un grupo de matemáticas aplicadas de 3 ESO, cun total de 30 alumnos e 35 alumnas beneficiados por este programa
  • Tres grupos de ensinanzas académicas e un grupo de ensinanzas aplicadas de 4 ESO, cun total de 37 alumnos e 35 alumnas beneficiados por este programa.

Curso 2017-18

O FSE financiou neste curso a implantación de :

  • Tres grupos de ensinanzas académicas e un grupo de ensinanzas aplicadas de 4 ESO, cun total de 29 alumnos e 39 alumnas beneficiados por este programa.