Impresos para a matrícula 2021-22

  1. Documento con información para a realización da matrícula
  2. Impreso para autorizacións diversas. Neste impreso poderá
    • autorizar a utilización da imaxe do seu fillo ou filla para fins unicamente educativos e no ámbito do instituto (fotografías en excursións, actividades, etc.).
    • autorizar saidas dentro do Concello, normalmente a pé, para visitar exposicións, participar en actividades culturais, etc.
    • informar a quen corresponde a garda e custodia no caso de separacións legais e doutras situacións de interese (quen está autorizado a recoller aos fillo, etc.)
  3. Impreso para autorizar a saída do centro, agás alumnado de ESO, no caso de ausencia do profesorado de primeira e última hora.
  4. Impreso para solicitar a participación no Bacharelato STEM
  5. Impreso para autorizar a creación dunha conta de correo electronico do Centro para facilitar a comunicación entre o alumnado e o profesorado.

Impreso de solicitude á Dirección

Certificación académica

Para solicitar unha certificación académica persoal, debe cumprimentar este impreso e presentalo nas oficinas do centro, ou ben remitilo por correo electrónico ao seguinte enderezo: ies.concepcion.arenal@edu.xunta.es.
Se desexan recibir a certificación por correo, deben facelo constar expresamente no correo electrónico de solicitude.

A solicitude debe ir acompañada de algún documento identificativo da persoa solicitante (DNI, pasaporte,…)

Certificación CELGA

-ORDE do 10 de febreiro de 2014 pola que se desenvolve o Decreto 79/2010,
do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, con relación á exención da materia de lingua galega.

-Para solicitar unha certificación de posuir un nivel CELGA determinado, debe cumprimentar o seguinte impreso

e  presentalo nas oficinas do centro, ou ben remitilo por correo electrónico ao seguinte enderezo: ies.concepcion.arenal@edu.xunta.es

A solicitude debe ir acompañada de algún documento identificativo da persoa solicitante (DNI, pasaporte,…)

Taxas para solicitude títulos 2022

Podes consultar as taxas académicas de títulos de Bacharelato e ciclos formativos neste enlace